jueves, 14 de febrero de 2008

Coñecemento do medio: A xeosfera


A xeosfera é a parte sólida da Terra e está composta polos continentes, o subsolo e o fondo dos océanos.
Está dividida en tres partes:
A codia: capa máis superficial e fina, que ten 30 km de grosor. Componse da codia oceánica e da continental.
O manto: capa intermedia que chega ata os 2900 km de profundidade. Está formado polo manto superior e polo inferior. O manto superior está constituido por materiais sólidos e fundidos, que forman unha masa viscosa chamada magma. O manto inferior está formado soamente por materiais sólidos.
O núcleo: capa máis profunda. Está constituido polo núcleo externo, formado por materiais fundidos e polo interno, formado por materiais sólidos.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola compañeiro, por certo, non lle dedes a "Alias" para poñer un comentario", senón a "Nombre/URL". Seleccionade isto e poñede tan só o voso nome.

*Ana* dijo...

Estes apuntes son similares os da clase

|*|criscreative|*| dijo...

Xa,Ana, é que a partir destes apuntes, pretendo facer logo exercicios; por iso poño os que son similares ós da clase para que os comprendades.