sábado, 26 de abril de 2008

Marie Curie


Estes días, en Lingua Castelá e Literatura estamos facendo a biografía dalgúns personaxes. Ao meu grupo tocounos facela de Marie Curie.

Marie Curie era unha Polaca á cal lle fascinaban as ciencias e consideraba perdido calquera minuto que non lle dedicara aos libros.

Era unha muller pobre, tan só vivía con 3 francos diarios e a súa alimentación baseábase en té, pan e manteiga.

Nun laboratorio coñeceu a Pierre o cal sería o seu marido 10 meses despois de que lle pedira matrimonio e co cal tería dúas fillas: Irène e Ève.

Durante os seus anos de vida, a parella investigou a radioactividade recibindo varios premios.

Pierre morreu atropelado por un carro de seis toneladas tirado por cabalos e Marie polos efectos do radio.

martes, 22 de abril de 2008

O día da Terra


Hoxe, día 22 de abril é o día da Terra. Neste día procuramos facer do mundo un lugar de vida mellor. Temos que ter en conta que o futuro dos nosos descendentes depende do que nos respectemos a natureza agora.

miércoles, 16 de abril de 2008

Lingua Galega: exercicios

Como mañá temos exame, vouvos poñer uns exercicios para repasar.
1. Elabora un caligrama co seguinte fragmento da poesía "Campás" que poderás atopar no libro de poemas de Manuel María: "Os soños na gaiola".

¡Falan as campás

con voz de metal:

o seu canto voa

dende o monte ao val!

2. ¿Qué é un caligrama?

3. Cita o nome de 5 instrumentos musicais galegos.

4. Di que é:
  • Ir coa música a otra parte
  • Batuta
  • Samba
  • Solfexo
  • Tango
  • Fagot

5. ¿Que é un campo semántico?

6. Escribe palabras para formar os campos semánticos de: música, roupas, material escolar.

7. Completa con I, LL, ou X.

  • Ola_a tiña mo_tas ganas de xogar á bara_a co seu avó que anteriormente era un pa_aso.
  • A pare_a de coe_os que vimos ho_e no parque tiñan uns o_os fermosos en unhas longas orel_as.
  • _acía na cama tranquilamente.
  • Fun á pra_a e recorrín o mar nun _iate mentres xogaba ao _o_ó.

8. Subliña e separa as preposicións e conxuncións que atopes nestas frases.

  • Agás con el, sempre estou moi aburrida.
  • Eu e ti facemos unha boa parella, porque sempre nos andamos rindo onde sexa.
  • Entre gargalladas, choros e verbos; nin nos decatamos que nos miraban.
  • Onde queira que esteas, ¡sae agora!

jueves, 10 de abril de 2008

Mapa de Europa Física


Coñecemento do medio: Páxina interesante

¿Queres saber un pouco máis de Europa e España? Visita: http://www.librosvivos.net/smtc/homeTC.asp?TemaClave=1008

Europa: esquema de límites, altiplanos e Sistemas Montañosos

Europa
  • Límites
Norte: O. G. Ártico
Sur: M. Mediterráneo
Oeste: O. Atlántico
Leste: M. Urais, río Ural, mar Caspio
  • Relevo

Chaira Central

Altiplanos: Alturas do Volga, Meseta Central Rusa, Meseta Ibérica

Sistemas montañosos

Europa do Norte: Montes Escandinavos, Montes Peninos

Europa Central: Macizo Central Francés, Montes Metálicos, Sudetes, Montes Tatra

Europa do Sur: Pireneos, C. Penibética, Alpes, Apeninos, Alpes Dináricos, Balcáns, Cárpatos, Cáucaso

Lingua Galega: exercicios

1. Completa con i, ll ou x:
coe o
eso
enga olado
an elical
anqui
pro ector
bara a
ate
oga
ca o
pa olo

2. Analiza todas as palabras subliñadas nestas frases.
O luns vin no teu prado o seu triciclo situado entre aquelas fermosísimas plantas.
¡Tan sequera podíalo haber avisado!
Non atopei a Pepiña por ningures.