domingo, 30 de marzo de 2008

Por último doubos outras dúas páxinas, unha está dedicada a Oceanía e outra ao que algúns científicos consideran un continente: A Antártida.

Coñecemento do medio: Asia

Outra páxina máis, esta vez para que coñezades a fondo Asia: http://es.wikipedia.org/wiki/Asia#Geograf.C3.ADa

Coñecemento do medio: América

¿Queres coñecer máis a fondo América?. Visita http://es.wikipedia.org/wiki/Am%C3%A9rica#Relieve e atoparás moitas características do relevo deste continente.

miércoles, 12 de marzo de 2008

O castro de Viladonga


Supoño que recordaredes a visita que fixemos ó Castro de Viladonga. Ben, pois eu coñezo a unha moza que traballa como restauradora nel, e que; a parte de aplicarse ó máximo no seu traballo é moi boa. Dende aquí, mándolle un saúdo enorme a Carolina (que é así como se chama). Por certo, o castro ten unha web onde saímos nós. ¿Acordádebos de cando nos fixeran a foto?. Se queres observarte nela visita: http://www.aaviladonga.es/visitasGrupos06.pdf . Está en PDF.

Lóxica

A partir de agora atoparedes unha nova sección neste blog de preguntas de lóxica. A primeira é ésta:
¿Cal é a maneira de cortar unha tarta en oito trozos facendo tan só tres cortes?
Pensao ben e cando teñas a resposta envíaa a crips1396@hotmail.com , podeste levar un pequeno agasallo se acertas.

miércoles, 5 de marzo de 2008

Unha páxina web interesante

Se queres coñecer a cultura dos países a través dun planisferio, consulta: http://www.lospaises.com.ar/mundo.htm. Está en castelán. Eu xa a visitei.

A representación da Terra

O globo terráqueo é unha esfera que representa a Terra, a máis fiel á realidade; pero cunha serie de inconvintes.
Para solventar estes inconvintes utilizanse uns mapas representados sobre unha superficie plana: os planisferios.
Hai mapas de diferentes tipos:
  • Mapas físicos: representan os elementos do relevo (exterior ou interior).
  • Mapa político: indica a división territorial.
  • Mapa temático: indica un tema concreto. Un dos máis comúns deste tipo é o climático. Aínda que tamén se poden atopar de estradas, vexetación, turismo, industría...

Para interpretar un mapa necesitamos:

  • Unha orientación para saber onde setán situados os puntos cardinais.
  • Unha escala para poder determinar con exactitude as dimensións reais.
  • Unha lenda que che axuda a comprender a información que dá o mapa.

A cartografía é a disciplina encargada de representar o contorno en mapas ou en planos. A persoa que se dedica á isto é un cartógrafo.

Consellos: cada vez que queiras resolver calquera duda respecto ao relevo, os países, etc; busca nun atlas, que é unha recopilación de mapas de todo tipo.

Coordenadas terrestres

As coordenadas terrestres son liñas imaxinarias que forman unha cuadrícula fifticia. Hainas de dous tipos: Paralelos ou Meridianos.

-Os Paralelos son coordenadas paralelas ao Ecuador.
-O Ecuador ( tamén chamado meridiano 0º) é a liña imaxinaria mái importante que divide o planeta en Hemisferio Norte e H. Sur.
-Ademáis do Ecuador, hai outros paralelos importantes coma :
  • O Trópico de Cáncer (no H. Norte)
  • O Círculo Polar Ártico (no H. Norte)
  • O Trópico de Capricornio (no H. Sur)
  • O Círculo Polar Antártico (no H. Sur)
-A distancia que hai dende un punto calquera ao Ecuador denóminase latitude. Pode haber latitude norte ou latitude sur.

Os meridianos son liñas imaxinarias perpendiculares dos paralelos que se unen nos polos.
-O más importante é o Greenwich (ou meridiano 0º).
-A lonxitude é a distancia que hai dende calquera punto do planeta ata o meridiano 0º. Pode ser leste ou oeste.