miércoles, 5 de marzo de 2008

A representación da Terra

O globo terráqueo é unha esfera que representa a Terra, a máis fiel á realidade; pero cunha serie de inconvintes.
Para solventar estes inconvintes utilizanse uns mapas representados sobre unha superficie plana: os planisferios.
Hai mapas de diferentes tipos:
  • Mapas físicos: representan os elementos do relevo (exterior ou interior).
  • Mapa político: indica a división territorial.
  • Mapa temático: indica un tema concreto. Un dos máis comúns deste tipo é o climático. Aínda que tamén se poden atopar de estradas, vexetación, turismo, industría...

Para interpretar un mapa necesitamos:

  • Unha orientación para saber onde setán situados os puntos cardinais.
  • Unha escala para poder determinar con exactitude as dimensións reais.
  • Unha lenda que che axuda a comprender a información que dá o mapa.

A cartografía é a disciplina encargada de representar o contorno en mapas ou en planos. A persoa que se dedica á isto é un cartógrafo.

Consellos: cada vez que queiras resolver calquera duda respecto ao relevo, os países, etc; busca nun atlas, que é unha recopilación de mapas de todo tipo.

No hay comentarios: