miércoles, 16 de abril de 2008

Lingua Galega: exercicios

Como mañá temos exame, vouvos poñer uns exercicios para repasar.
1. Elabora un caligrama co seguinte fragmento da poesía "Campás" que poderás atopar no libro de poemas de Manuel María: "Os soños na gaiola".

¡Falan as campás

con voz de metal:

o seu canto voa

dende o monte ao val!

2. ¿Qué é un caligrama?

3. Cita o nome de 5 instrumentos musicais galegos.

4. Di que é:
  • Ir coa música a otra parte
  • Batuta
  • Samba
  • Solfexo
  • Tango
  • Fagot

5. ¿Que é un campo semántico?

6. Escribe palabras para formar os campos semánticos de: música, roupas, material escolar.

7. Completa con I, LL, ou X.

  • Ola_a tiña mo_tas ganas de xogar á bara_a co seu avó que anteriormente era un pa_aso.
  • A pare_a de coe_os que vimos ho_e no parque tiñan uns o_os fermosos en unhas longas orel_as.
  • _acía na cama tranquilamente.
  • Fun á pra_a e recorrín o mar nun _iate mentres xogaba ao _o_ó.

8. Subliña e separa as preposicións e conxuncións que atopes nestas frases.

  • Agás con el, sempre estou moi aburrida.
  • Eu e ti facemos unha boa parella, porque sempre nos andamos rindo onde sexa.
  • Entre gargalladas, choros e verbos; nin nos decatamos que nos miraban.
  • Onde queira que esteas, ¡sae agora!

No hay comentarios: