sábado, 26 de abril de 2008

Marie Curie


Estes días, en Lingua Castelá e Literatura estamos facendo a biografía dalgúns personaxes. Ao meu grupo tocounos facela de Marie Curie.

Marie Curie era unha Polaca á cal lle fascinaban as ciencias e consideraba perdido calquera minuto que non lle dedicara aos libros.

Era unha muller pobre, tan só vivía con 3 francos diarios e a súa alimentación baseábase en té, pan e manteiga.

Nun laboratorio coñeceu a Pierre o cal sería o seu marido 10 meses despois de que lle pedira matrimonio e co cal tería dúas fillas: Irène e Ève.

Durante os seus anos de vida, a parella investigou a radioactividade recibindo varios premios.

Pierre morreu atropelado por un carro de seis toneladas tirado por cabalos e Marie polos efectos do radio.

No hay comentarios: